|
Convocatoria Reunión da asociación de veciños O Noso Burgo
|
| (13/05/08) escrito por sandra landa |
|
Xoves día 22 de maio no local de servizos múltiples de o Burgo, ás 20
horas no salón azul a asociación de veciños O Noso Burgo convoca unha
asemblea xeral a que poden asistir socios e non socios da asociación
dado que se van a tratar temas de interese para a cidadanía en xeral,
puntos do día a tratar:
1 presentación das contas e orzamentos do ano pasado e mais do ano 2008.
2 actividades que se fixeron o ano pasado e as actividades previstas
para este ano (presentarase a excursión xa feita ao entroido de xinzo
de limia e presentarase a futura sardiñada)
3 darase a coñecer á cidadanía de o Burgo a plataforma para a defensa da ría de o Burgo.
4 explicaremos como van as peticións feitas a distintas administracións.
5 rogos e preguntas.
3 actividades previstas para este ano. Asociación de veciños, O Noso Burgo. |
|
Contratación Explotación da Cafetería de Servicios Múltiples do Burgo - Culleredo
|
| (27/12/07) escrito por sandra landa |
|
O Concello de Culleredo contrata, por procedemento negociado, a adxudicación da Explotación da cafetería do edificio municipal de servicios múltiples de O Burgo-Culleredo Prazo para a presentación de ofertas : No Rexistro Xeral en
horario de 9:00 a 14:00 horas de luns a venres e de 9:00 a 13:00 o
sábado, ata o día 3 de xaneiro de 2008. Consultas: Os pregos de cláusulas administrativas particulares e
de prescricións técnicas e o proxecto poderanse consultar no Negociado
de Contratación do Concello de Culleredo de 9 a 14:00 horas e na páxina
web
www.culleredo.es/taboleirooficial Fonte da nova Concello de Culleredo
|