| Ofertas de empleo |
Webs útiles |
![]() | 314 registrados |
![]() | 1 hoy |
![]() | 12 esta semana |
![]() | 31 este mes |
![]() | Ultimo: Montse |
| Club de Montaña O Carroucho. RUTA: Serra de Cabalar | |||
| (01/12/08) escrito por Administrator | |||
| Data: 13 de decembro de 2008 Prezo: 8€ para os socios e 11€ para os non socios. Inclúe desprazamento en autobús e seguro de transporte Como chegar: Autoestrada AP-9 dirección Ferrol ata a saída 21-F Cabanas-Pontedeume. Na rotonda coller a saída 1 pola AC-141 e pasado As Neves collemos á esquerda por unha estrada local ata a ponte que cruza o río Belelle. TIPO DE SENDA: Camiños e senllas de pescadores. DIFICULTADE: Media DURACIÓN DA SENDA: 5 horas KM A PERCORRER: 17 Km. INTERESE DA RUTA: Paisaxístico e medioambiental. RECOMENDACIÓNS: Levar polainas e calzado de recambio xa que pode haber bastante auga. BREVE DESCRICIÓN: Comezamos a nosa ruta nunha ponte que cruza o Belelle pola súa marxe dereita. O río Belelle acompañaranos durante toda a ruta alternando tramos de senllas de pescadores con camiños por medio de fragas. Non hai río sen muíños e o primeiro que atopamos é o de Bertoña, exemplo de muíño de "canle", para continuar por un camiño ata a ponte de Barbela. Despois dun breve tramo por estrada xiramos á esquerda para volver ao río e ao muíño de Barreiro, pasamos a igrexa de Sta. María de Cabalar, seguimos ata a área recreativa do río Cuberto onde outro breve tramo de asfalto nos achega ata Formariz. Collemos outro camiño á esquerda que nos leva ata unha pequena central hidroeléctrica, seguindo río abaixo chegamos ao Quiosco do Belelle onde xantaremos. Seguiremos pola marxe esquerda pola canle que conduce a auga ata a central da Fervenza á que baixamos por un camiño serpeante que nos descobre a fervenza do Belelle. Só nos queda un tramo de asfalto para poder acceder ao autobús. OUTROS DATOS DE INTERESE: Pararemos a almorzar e mercar o necesario en As Neves. Hai a posibilidade de xantar de prato no chiringuito por 8,50€. Menú: caldo, ovos con chourizo e patacas fritas, postre e café. Viño da casa con gaseosa e auga. Para apuntarse ó xantar mandar un correo ó club co nome dos interesados antes do día 10 de decembro. Pagarase no autobús e agradécese levar o importe exacto. + info en: O Carroucho "Edificio Servicios Múltiples" Ramón Cabanillas, nº 14 15670 O Burgo A Coruña Tlf: 618617799 (de 20h a 22h) carroucho@carroucho.org + info en www.carroucho.org |
|||
| [Volver] | |||
Estreno 19 diciembre 2008.
CITY OF EMBER. EN BUSCA DE LA LUZ| ALERTVIR |
| Avisos y alertas de seguridad :: Alertvir |
|
|
|
| Name | Score | |
| 1. | admin | 55 |
| 2. | sandra | 49 |
| 3. | anxo | 48 |
| 4. | Rasbasstone | 29 |
| 5. | censuras | 20 |
| Cilick aquí para ver top 20 | ||
| precioso cachorrito yorkshire Otros (03.01.2009) | |
| Hembra chihuahua de color diferente Otros (27.12.2008) | |
| Yorkshire Macho con Abrigo de Regalo Asistente/a de hogar (19.12.2008) | |
Política de privacidad |Contactos | CSS and XHTML
by Boboras. Licencia Creative Commons