|
A plataforma pola defensa da Ría do Burgo organiza unha manifestación
|
| (24/11/08) escrito por Administrator |
A Plataforma pola defensa da Ría do Burgo organiza para o día 27 de novembro ás 11.30 horas unha concentración simbólica diante do Edifico
Administrativo de Monelos. O obxectivo non é outro que defender a nosa fermosa Ría de tanto abandono. Asimesmo a Plataforma decidiu iniciar unha campaña de concienciación cidadá
mostrando, mediante fotografias, a realidade da ría a todos os
cidadáns; e xa entrado o ano 2009 acordouse realizar novas
mobilizacións de co obxectivo de que todos e cada un dos partidos
políticos leven no seu programa a limpeza da ría de O Burgo nas
vindeiras eleccións autonómicas. |
| [Volver] |