| Ofertas de empleo |
Webs útiles |
![]() | 314 registrados |
![]() | 1 hoy |
![]() | 12 esta semana |
![]() | 31 este mes |
![]() | Ultimo: Montse |
| Remata o prazo para solicitar a subvención para a adquisición de ordenadores a autónomos | |||
| (06/11/08) escrito por Antonio | |||
| Desta axuda poderán beneficiarse todas as traballadoras e traballadores autónomos dados de alta no Réxime Especial de Traballadores Autónomos da Seguridade Social. Poderán solicitar e beneficiarse destas axudas os traballadores por conta propia de Galiza, dados de alta no Réxime Especial de Traballadores Autónomos da Seguridade Social, con domicilio e alta fiscal no I.A.E. para a súa actividade económica en Galiza, agás os comerciantes retallistas, dado que existen liñas de axuda desta consellería específicas para ese colectivo e para os mesmos investimentos. O investimento irá destinado á adquisición dun ordenador persoal portátil ou de sobremesa con sistema operativo LINUX e aplicativos en software libre: OpenOffice e Mozilla Firefox. A concesión da subvención será inmediata. Esta é a lista de empresas colaboradoras: DOG 8 de outubro. Non se considera subvencionábel a adquisición de licenzas de software adicionais á subministración básica do ordenador persoal, outros periféricos (por exemplo: impresoras, discos externos, etc), ou outro tipo de terminais (axendas electrónicas, tablet PC, teléfonos móbiles, etc). A axuda acadará o 45 % do investimento subvencionábel, cun límite máximo de 350 € para cada solicitante. O investimento subvencionábel determínase aplicando a porcentaxe de axuda sobre a base impoñíbel, excluíndo o IVE correspondente, que deberá ser achegado na súa totalidade polo beneficiario. As subvencións tramítanse directamente a través dos provedores de equipamento informático que solicitaron ser entidades colaboradoras da Consellería de Innovación e Industria para o desenvolvemento desta liña de axudas (ver listaxe de entidades colaboradoras ) Os traballadores autónomos que queiran solicitar unha destas subvencións deberán presentar na propia entidade colaboradora a seguinte documentación: a) Copia do DNI ou NIE, en vigor, no que deberá constar o enderezo dentro da Comunidade Autónoma de Galicia. b) Copia de documento de pago mensual á Seguridade Social do mes anterior á solicitude, do Réxime Especial de Traballadores Autónomos. c) Identificación, por declaración do solicitante, do epígrafe do IAE e localidade da Comunidade Autónoma de Galicia na que se atopa dado de alta censual no IAE. d) Exclusivamente para o caso de que o DNI ou NIE non acredite o domicilio dentro da Comunidade Autónoma de Galicia, deberá requirirse do solicitante a presentación de certificado expedido pola Axencia Estatal da Administración Tributaria no que figure o domicilio fiscal do solicitante. A antigüidade máxima deste certificado será de 3 meses. A concesión da subvención será inmediata no caso de que o solicitante cumpra con todos os requisitos para ser beneficiario, e o crédito total destinado a esta liña de axudas non estea esgotado. As solicitudes de axuda poderanse presentar na entidades colaboradoras a partir do 9 de outubro de 2008 e durante o ano 2009, até esgotar o crédito total consignado pola Consellería de Innovación e Industria para este proxecto que son: 659.400 € no ano 2008 e 999.950 € no ano 2009. Esta axuda conta co apoio do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) da Unión Europea. Para máis información dirixirse a: Consellería de Innovación e Industria Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información Edificio Administrativo San Caetano, s/n bloque 5 – 4ª andar 15781 Santiago de Compostela (A Coruña) Tlfno: 981 545 583 E-mail: axudas.dxpisi@xunta.es |
|||
| [Volver] | |||
Estreno 19 diciembre 2008.
CITY OF EMBER. EN BUSCA DE LA LUZ| ALERTVIR |
| Avisos y alertas de seguridad :: Alertvir |
|
|
|
| Name | Score | |
| 1. | admin | 55 |
| 2. | sandra | 49 |
| 3. | anxo | 48 |
| 4. | Rasbasstone | 29 |
| 5. | censuras | 20 |
| Cilick aquí para ver top 20 | ||
| precioso cachorrito yorkshire Otros (03.01.2009) | |
| Hembra chihuahua de color diferente Otros (27.12.2008) | |
| Yorkshire Macho con Abrigo de Regalo Asistente/a de hogar (19.12.2008) | |
Política de privacidad |Contactos | CSS and XHTML
by Boboras. Licencia Creative Commons