|
Asoc. Ecolog. Adega |
|
Novas de ADEGA
|
Adega RSS
|
-
Canon hidroeléctrico: unha boa medida, mais non abonda
recuperando concensións (index.php?option=com_content&task=view&id=1033&Itemid=2) caducadas, revisando outras concedidas de forma irregular e mesmo demolendo as instalacións máis negativas como o encoro de Caldas (index.php?option=com_content&task=view&id=1096&Itemid=2) no Umia ou o de Sta. Uxía no Xallas (index.php?option=com_content&task=view&id=678&Itemid=2). Como se pode poñer prezo á perda da fervenza do Ézaro ou ao val glaciar de Cenza actualmente aferrollados por senllos encoros? Cantos perxuízos sociais (despoboamento, expropiacións...) e danos económicos (ao turismo, hostalería, comercio...) causaron e seguirán a causar algúns encoros pola cobiza das eléctricas?
-
Voluntariado ambiental para a erradicación de especies invasoras nos ríos
8 de outubro de 2008. Continuando co programa Voluntariado en Ríos do Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño, e dacordo cos datos recollidos no informe do ano pasado ADEGA-Proxecto Ríos apresentan o II CAMPAMENTO DE VOLUNTARIADO AMBIENTAL que se adicará á eliminación da flora exótica invasora no río Tea. Será nas últimas tres fins de semana de outubro no albergue Alentea e os/as participantes terán cubertos os gastos de desprazamento, aloxamento e mantenza.
-
ADEGA denuncia o vertido de radiografías no río Lagares
I xornada de limpeza de ríos (index.php?option=com_content&task=view&id=1093&Itemid=2), os voluntarios e voluntarias de ADEGA-Vigo atopáronse cun preocupante achado: nas beiras do río Lagares apareceron centos de radiografías médicas. Estaban medio soterradas a marxe esquerda do Lagares, no recinto dunha das empresas veciñas ao río con aceso pola rúa do Gandarón, e mesmo algunhas tiñan xa viaxado río abaixo. Estes refugallos tóxicos e perigosos conteñen metais pesados que están a traspasar ao medio e deben ser tratados por empresas autorizadas. Preme na localización (http://maps.google.es/maps/ms?t=h&hl=gl&ie=UTF8&msa=0&msid=118333838667662234986.000458bc42c6434581c1c&ll=42.21857,-8.701376&spn=0.005737,0.008411&z=17) para ver no Google Maps.
-
Electrodomésticos, colchóns, ordenadores... Benvidos á república independente dos nosos ríos
I XORNADA DE LIMPEZA DE RÍOS (index.php?option=com_content&task=view&id=1093&Itemid=2) en rede. Foron máis dun cento de toneladas de lixo as retiradas de 22 ríos do país. Con esa iniciativa, ADEGA quere chamar a atención sobre a situación na que se atopan moitos cursos fluviais nas que toneladas de refugallos amoréanse nas beiras e canles. É responsabilidade de todos/as, cidadanía e administracións mirar polo bo estado dos ríos. Dende ADEGA, queremos agradecer o apoio e o compromiso solidario dos centos de persoas que participaron.
-
Campamento de Voluntariado Ambiental no río Tea
Na campaña de outono do Proxecto Ríos e dentro do programa de Voluntariado en Ríos en colaboración co Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño, celebrarase durante tres fins de semana de outubro (10-12; 17-19; 24-26) un campamento de voluntariado no río Tea. Neste campamento realizarase unha acción para eliminar flora exótica e invasora. O voluntariado contará con material (traxes e botas de auga, material de inspección, guias de campo, etc) así como cun seguro de responsabilidade civil e de accidentes colectivos Durante os tres turnos de fin de semana, o voluntariado permanecerá no albergue Alentea, ubicado en Barciademera (O Covelo) en rexime de pensión completa Díptico CAMPAMENTO TEA 08 (440 KB)
-
Alegacións de ADEGA á Autovía A76 Ourense-Ponferrada
Ourense, 6 de outubro de 2008. ADEGA presentou alegacións ao proxecto da autovía A76 que unirá Ourense con Ponferrada e que presenta en varios treitos un forte impacto ambiental. Entre os treitos conflictivos a nível ambiental destaca o paso polo Parque Natural da Serra da Enciña da Lastra que é a zona de maior biodiversidade tanto animal como vexetal de todo o territorio galego. Alegacións AUTOVÍA A-76 (español).pdf (452 KB)
-
Plano Acuícola: informes oficiais proban as mentiras de Pesca e as trapalladas de Medio Ambiente
Compostela, 3 de outubro de 2008. O informes emitidos polas consellerías de Política Territorial (D. X. de Urbanismo) e Cultura (D. X. de Patrimonio) aos que tivo acceso ADEGA, recollen importantes obxeccións ao Plano Acuícola deixando en evidencia a “unanimidade de criterio” pregoada pola conselleira de Pesca Sra. Gallego e o de Medio Ambiente, Sr. Vázquez. Con estes informes, queda demonstrada a vergoñenta deixadez dos seus departamentos na defensa da legalidade e dos intereses públicos e a escandalosa connivencia cos intereses da patronal acuícola. Lamentamos tamén a grave irresponsabilidade do Sr. Touriño ao forzar a aprobación dun proxecto cheo de fendas legais e irregularidades. Informe URBANISMO (1.63 MB) Informe PATRIMONIO (1.66 MB)
-
Ponte as botas: limpeza simultánea de ríos en 22 concellos galegos
O sábado 4 de outubro, ADEGA e o Proxecto Ríos organizan unha limpeza simultánea de ríos en colaboración con entidades e 22 concellos que participan no Proxecto Ríos (http://www.proxectorios.org). Un dos problemas máis graves que sofren os nosos ríos é a gran cantidade de lixo que aparece nas canles e ribeiras. Con esta iniciativa en rede queremos concienciar á sociedade da necesidade de manter limpos os ríos como premisa para conservar a súa/nosa saúde. A limpeza non pasa só por unha actividade illada dun día: para a conservación dos ecosistemas fluviais cómpre desenvolver actitudes responsábeis e depende de todos/as frear a crecente contaminación que están a sufrir. Descarrega Protocolo LIMPEZA RIOS (1.65 MB)
-
Desestimada a demanda de Álvarez-Cascos contra ADEGA
3 de outubro de 2008. Un xulgado de Compostela ven de DESESTIMAR A DEMANDA CIVIL interposta por ACUINOR contra ADEGA por ter paralisado as obras da piscifatoría de Rinlo (LIC As Catedrais). O xuiz, que tamén impón as costas ao demandante, exclupa a ADEGA de actuar con mala fe e comportamento abusivo” e rexeita que houbera abuso de dereito algún. Ben ao contrario: ADEGA coa súa acción conseguíu preservar a integridade dunha parte importante do patrimonio natural galego e defender a legalidade diante dos atropelos de empresas depredadoras. Queremos tamén agradecer os múltiples apoios e a solidariedade recibida, así como transmitir unha mensaxe de ánimo e esperanza á veciñanza dos concellos afectados por un Plano Acuícola que vai multiplicar as agresións aos espazos protexidos da nosa costa.
-
Agora tócalle a Fenosa no Miño: nova central hidroeléctrica en Os Peares
2 de outubro de 2008. Unión Fenosa pretende realizar o mesmo proxecto que Iberdrola (index.php?option=com_content&task=view&id=1010&Itemid=2) pero desta volta no entorno de Os Peares, no Miño. Trátase da construción dunha central hidroeléctrica con túneis soterrados, para o que se extraerán 77.000 m3 de cascallos con obras anos que ademáis precisarán do baleirado do encoro. A memoria presentada por Fenosa é unha recompilación de despropósitos e unha falta de consideración polo noso medio natural. A desvergoña destas empresas que con indecentes campañas publicitarias gábanse do seu respecto polo medio, bate coa realidade destes proxectos faraónicos: ao cabo, compórtanse coma se tiveran dereito de pernada sobre os nosos ríos. Alegacións OS PEARES (español)
|
|