O Distrito Mallos responde..
Preocúpame moitísimo o aumento de roubos nos comercios do noso barrio, e tamén esas pandillas que se comezan a ver polo barrio e que había tempo non viamos. Pido que fagan presión para que nos visiten máis as forzas de seguridade.Estamos moi conforme con vostede, e de verdade que as forzas de seguridade están preocupadas e traballando estes temas, pero estes temas son moi delicados e complicados, o noso consello é que chamen á policía, ao departamento de participación cidadá, cando vexan algún problema de seguridade.
Como todos os anos, xa están as árbores da Avenida dos Mallos que parece un bosque; as árbores métense nas ventás e quitan toda a luz das beirarrúas, ademais as ramas danche na cabeza cando paseas, estas árbores non son as axeitadas para unha avenida como esta.
O das árbores da Avenida dos Mallos son o conto de nunca xamais, os rótulos dos comercios dos Mallos non se ven, de verdade que non comprendemos como non ven este problema no Concello despois de falalo mil veces.
**Nova sección no Xornal do Distrito Mallos, as preguntas que realices serán respondidas cada mes no Xornal do Distrito Mallos; despois, no Blog Barrio dos Mallos as recolleremos para publicalas aquí no blog. Se queres dirixirte á Asociación de Comerciantes dos Mallos para facerlles algunha pregunta, aquí tes os datos:
Con toda liberdade escribide a:
Teléfono : 981 238 164
Fax : 981 168153
E mail: parkingmallos@yahoo.es
Correo postal: Distrito Mallos
Ronda de Outeiro (esquina Mallos)
Subterráneo 15007 A Coruña
***Se non tes a Tarxeta Cliente Amigo do Distrito Mallos non esperes máis para acadala. Con ela poderás participar, semanalmente e de forma gratuita, en sorteos de cheques de compra nos comercios da Asociación Distrito Mallos por valor de entre 25€ e 350€. Pero ademais terás ofertas e descontos en comercios asociados dos que estarás informado puntualmente a través do xornal do barrio e da web http://www.distritomallos.net/. Máis de 3.000 persoas xa teñen a súa Tarxeta, en canto sexamos 5.000 teremos descontos máis importantes como por exemplo, descontos en Gasolineras.















