Regístrate y envía artículos, noticias, anuncios, fotos... Colabora enviando cualquier evento que te interese dar a conocer a la comunidad.
|
escrito por Administrator
|
|
12/05/08 |
Este venres 16, no Edificio de Servizos Múltiples do Burgo, poderedes ver ás 20:30 h, a obra de teatro "O Club da calceta", pola compañía de teatro Teatro do Morcego. Sinopse: O club da calceta Seis mulleres moi diferentes entre si acoden a clases de calceta, un lugar onde converxen as súas frustracións pero, tamén, un lugar onde toman conciencia da súa situación e da necesidade de superala. A través dun espazo tan tradicionalmente feminino como a calceta, estas mulleres atopan no valor da unidade a forza para sobrepoñerse a un presente que as nega ou minusvalora. Desde a intriga e a hilaridade, emerxe unha profunda reflexión e revisión sobre a condición feminina. Inspiradas na figura liberadora da tía Davinia, Matilde, Anxos, Rebeca, Elvira, Luz e Fernanda van facéndonos partícipes da súa historia desde un multiperspectivismo que desfai os fíos dunha sociedade machista.
Votar favorito (42) | Visto: 1501
Powered by AkoComment Tweaked Special Edition v.1.4.6 |
|
Modificado el ( 12/05/08 )
|