Chistes diarios | Teatro en Culleredo |
|
|
|
| escrito por Administrator | ||||||
| 12/05/08 | ||||||
Este venres 16, no Edificio de Servizos Múltiples do Burgo, poderedes ver ás 20:30 h, a obra de teatro "O Club da calceta", pola compañía de teatro Teatro do Morcego.Sinopse: O club da calceta Seis mulleres moi diferentes entre si acoden a clases de calceta, un lugar onde converxen as súas frustracións pero, tamén, un lugar onde toman conciencia da súa situación e da necesidade de superala. A través dun espazo tan tradicionalmente feminino como a calceta, estas mulleres atopan no valor da unidade a forza para sobrepoñerse a un presente que as nega ou minusvalora. Desde a intriga e a hilaridade, emerxe unha profunda reflexión e revisión sobre a condición feminina. Inspiradas na figura liberadora da tía Davinia, Matilde, Anxos, Rebeca, Elvira, Luz e Fernanda van facéndonos partícipes da súa historia desde un multiperspectivismo que desfai os fíos dunha sociedade machista. Votar favorito (61) | Visto: 2321
Escribir Comentario
Powered by AkoComment Tweaked Special Edition v.1.4.6 |
||||||
| Modificado el ( 12/05/08 ) | ||||||
| < Anterior | Siguiente > |
|---|
Política de privacidad |Contactos | CSS and XHTML
by Boboras. Licencia Creative Commons