Calendario de eventos | Club de Montaña O Carroucho. RUTA: Serra de Cabalar |
|
|
|
| escrito por Administrator | ||||||
| 01/12/08 | ||||||
|
Data: 13 de decembro de 2008 Prezo: 8€ para os socios e 11€ para os non socios. Inclúe desprazamento en autobús e seguro de transporte Como chegar: Autoestrada AP-9 dirección Ferrol ata a saída 21-F Cabanas-Pontedeume. Na rotonda coller a saída 1 pola AC-141 e pasado As Neves collemos á esquerda por unha estrada local ata a ponte que cruza o río Belelle. TIPO DE SENDA: Camiños e senllas de pescadores. DIFICULTADE: Media DURACIÓN DA SENDA: 5 horas KM A PERCORRER: 17 Km. INTERESE DA RUTA: Paisaxístico e medioambiental. RECOMENDACIÓNS: Levar polainas e calzado de recambio xa que pode haber bastante auga. BREVE DESCRICIÓN: Comezamos a nosa ruta nunha ponte que cruza o Belelle pola súa marxe dereita. O río Belelle acompañaranos durante toda a ruta alternando tramos de senllas de pescadores con camiños por medio de fragas. Non hai río sen muíños e o primeiro que atopamos é o de Bertoña, exemplo de muíño de "canle", para continuar por un camiño ata a ponte de Barbela. Despois dun breve tramo por estrada xiramos á esquerda para volver ao río e ao muíño de Barreiro, pasamos a igrexa de Sta. María de Cabalar, seguimos ata a área recreativa do río Cuberto onde outro breve tramo de asfalto nos achega ata Formariz. Collemos outro camiño á esquerda que nos leva ata unha pequena central hidroeléctrica, seguindo río abaixo chegamos ao Quiosco do Belelle onde xantaremos. Seguiremos pola marxe esquerda pola canle que conduce a auga ata a central da Fervenza á que baixamos por un camiño serpeante que nos descobre a fervenza do Belelle. Só nos queda un tramo de asfalto para poder acceder ao autobús. OUTROS DATOS DE INTERESE: Pararemos a almorzar e mercar o necesario en As Neves. Hai a posibilidade de xantar de prato no chiringuito por 8,50€. Menú: caldo, ovos con chourizo e patacas fritas, postre e café. Viño da casa con gaseosa e auga. Para apuntarse ó xantar mandar un correo ó club co nome dos interesados antes do día 10 de decembro. Pagarase no autobús e agradécese levar o importe exacto. + info en: O Carroucho "Edificio Servicios Múltiples" Ramón Cabanillas, nº 14 15670 O Burgo A Coruña Tlf: 618617799 (de 20h a 22h) Esta dirección de correo electrónico está protegida contra los robots de spam, necesita tener Javascript activado para poder verla + info en www.carroucho.org Votar favorito (97) | Visto: 4581
Escribir Comentario
Powered by AkoComment Tweaked Special Edition v.1.4.6 |
||||||
| Modificado el ( 01/12/08 ) | ||||||
| < Anterior | Siguiente > |
|---|
Política de privacidad |Contactos | CSS and XHTML
by Boboras. Licencia Creative Commons