Inicio arrow Directorio local arrow Asuntos sociales arrow Axudas correspondentes ao programa Volver á terra para residentes no exterior

Tamaño letra

A+ | A- | Reset

Usuarios

Ads by Google

Recomendamos

Webs útiles Webs útiles

Escriben

admin (332 art.)
Antonio (33 art.)
anxo (38 art.)
censuras (10 art.)
El enterrador (25 art.)
Farlopa (1 art.)
gelines (56 art.)
liberdade (6 art.)
mercu3 (1 art.)
san benito (1 art.)
sandra (2 art.)
Thor (5 art.)
VITOR (1 art.)

Webs amigas

 


Google
Te proponemos una serie de enlaces web, blogs, photoblogs, metroflog... de nuestra localidad.
Nos ha parecido interesante desde esta web, incluir los enlaces más atractivos, útiles o divertidos que hemos encontrado.
Puedes enviarnos tu enlace o enlaces a la dirección de correo webxoven@gmail.com y lo incluiremos a la mayor brevedad.


Axudas correspondentes ao programa Volver á terra para residentes no exterior PDF Imprimir E-Mail
Comparte:
Chuza
Menéame
Wikio
Hazmereir
Promotingblogs
escrito por gelines   
18/04/08
Axudas correspondentes ao programa Volver á terra para residentes no exterior. Este programa está orientado a promover o contacto dos galegos residentes no exterior coa súa terra e cos seus familiares, fortalecendo así os vínculos de unión con Galicia.

Prazas convocadas:

A asignación do número de prazas queda fixada como segue para o ano 2008:

- Arxentina: 100

- Brasil: 19

- Cuba: 10

- Uruguai: 41

- Venezuela: 16

- Outros países: 4

- Total: 190


Beneficiarios:

1. Ser emigrante galego.

2. Ter a nacionalidade española.

3. Residir en América.

4. Ter sesenta ou máis anos de idade contados na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

5. Levar polo menos os últimos 15 anos naturais sen participar en programas de viaxes a Galicia desta secretaría xeral.

6. Valerse por si mesmo, non padecer trastornos psicofísicos que alteren a normal convivencia e que estean en condicións de realizar unha viaxe de longa duración.

7. Ter ingresos inferiores a 1,3 veces o importe das prestacións económicas por ancianidade do Estado español, fixado en 2008 para o país de residencia. Estes importes aparecen reflectidos no anexo III desta resolución. Se o solicitante convive con outra ou outras persoas nunha mesma unidade económica familiar, a contía anterior virá determinada pola suma do límite máximo de ingresos persoais máis o resultado de multiplicar o 70 por cento da devandita cifra polo número de conviventes menos un.

Poderán ser beneficiarias as persoas unidas por matrimonio, unión de feito ou relación análoga aos solicitantes do programa, sempre e cando cumpran os requisitos establecidos nos puntos 3, 5, 6 e acheguen a documentación xustificativa.

 

Prazo: do 17 de abril ata o 16 de maio de 2008, ambos incluídos.

 

Presentación de solicitudes: As solicitudes presentaranse, xunto co resto da documentación, na Secretaría Xeral de Emigración ou en calquera dos lugares previstos non artigo 38.4 º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Poderán presentarse na Delegación da Xunta de Galicia en Buenos Aires, consellerías de Trabajo y Asuntos Sociales, nas seccións de Traballo e Asuntos Sociais das oficinas consulares, así como nos consulados ou seccións consulares das embaixadas correspondentes ao domicilio ou residencia do solicitante. Para a presentación destas solicitudes os interesados

poderán utilizar o Rexistro Telemático da Xunta de Galicia, de conformidade co Decreto 164/2005, do 16 de xuño.

 

Publicación: DOG Nº 73, Mércores 16 de abril de 2008

 

Máis información: http://www.xunta.es/dog/Dog2008.nsf/0e5fb445f3681a75c1257251004b10d7/61bd2b3d771fd087c125742c0076c2cf/$FILE/07300D003P008.PDF

Información: Páxina web da Secretaría (http://galiciaaberta.xunta.es/conselleria/)


Vía concello de Cambre.



Votar favorito (39) | Visto: 2638

Comentarios
RSS de los comentarios

Escribir Comentario
  • Por favor, mantenga el tópico de los mensajes en relevancia con el tema del artículo.
  • Lenguaje inapropiado será borrado.
  • Por favor, no use los comentarios para promocionar su sitio, ese tipo de mensajes serán removidos.
  • Aségurse de *Recargar* la página para mostrar un nuevo código de seguridad antes de cliquear 'Enviar', en caso de haber ingresado un código incorrecto.
Nombre:
E-mail
Sitio Web
Título:
Comentario:



Código:* Code
Deseo ser informado por correo de los comentarios a esta noticia

Powered by AkoComment Tweaked Special Edition v.1.4.6

 
< Anterior   Siguiente >

Política de privacidad |Contactos | CSS and XHTML
  by Boboras. Licencia Creative Commons