| X Torneo Municipal de Judo Concello de Carral |
|
|
|
| escrito por Administrator | ||||||
| 18/04/08 | ||||||
Novos judokas de toda a comarca daranse cita este sábado 18 de abril en
Carral para participar no X Torneo Municipal de Judo “Concello de
Carral” organizado polo Concello en colaboración co Club de Judo de
Carral. Ao redor de 200 nenos e nenas nacidos entre o 94 e o 97 competirán por grupos no pavillón municipal do Colexio Vicente Otero, a partir das cinco da tarde, nun torneo cuxa duración será de tres horas. Os judokas, procendentes de Abegondo, Culleredo, A Coruña, Cambre e Bergondo, mostrarán as súas artes por medio de Randori individual, que distribúe aos participantes por peso, idade e sexo, un formato de competición adaptado á filosofía do judo, tendo especial coidado no momento da caída e das proxeccións. Neste certame non haberá gañadores absolutos e todos os rapaces recibirán, por parte do Concello de Carral unha medalla por participar. + info en www.concellocarral.es Votar favorito (43) | Visto: 1890
Escribir Comentario
Powered by AkoComment Tweaked Special Edition v.1.4.6 |
||||||
| < Anterior | Siguiente > |
|---|
Política de privacidad |Contactos | CSS and XHTML
by Boboras. Licencia Creative Commons