Webs útiles | A Plataforma pola defensa da Ría do Burgo, presenta 17.000 sinaturas ante a Xunta |
|
|
|
| escrito por Administrator | ||||||
| 23/05/08 | ||||||
|
A Confraría de Pescadores da Coruña, un dos colectivos que conforman a Plataforma, presentou sete denuncias por vertidos ilegais desde o pasado verán. Hai escasos días, o pósito coruñés interpuxo outras dúas, nesta ocasión, por un fluído de espuma de procedencia industrial detectado a semana pasada e por outro de augas fecais que proveñen dunha canalización subterránea que está perforada. A alta concentración de coliformes (tipo de bacterias), á parte de impedir a extracción do marisco, supón mesmo un risco para os bañistas. Por outra banda, a posta en funcionamento da Estación Depuradora de Augas Residuais de Bens, unha das demandas recollidas no manifesto da Plataforma, non será realidade até 2010, cando a Xunta anunciara que estaría habilitada en 2009. A Plataforma para a Defensa da Ría do Burgo organiza unha manifestación que percorrerá as rúas da cidade o 21 de xuño. A marcha, que reivindica o saneamento da Ría e a fin dos vertidos, partirá ese día ás 19:30 horas desde a Praza da Palloza até a Delegación do Goberno español (Praza de Ourense). Fonte http://riadoburgo.blogaliza.org Votar favorito (38) | Visto: 1670
Escribir Comentario
Powered by AkoComment Tweaked Special Edition v.1.4.6 |
||||||
| < Anterior | Siguiente > |
|---|
Política de privacidad |Contactos | CSS and XHTML
by Boboras. Licencia Creative Commons