Regístrate y envía artículos, noticias, anuncios, fotos... Colabora enviando cualquier evento que te interese dar a conocer a la comunidad.
|
escrito por El enterrador
|
|
31/07/08 |
Despois das frouxas festas do Burgo deste 2008, que se as comparamos coas de Arteixo ou Cambre nos da ata vergoña, non estaría demais pensar en facer un Rock in Culleredo ó estilo Rock in Cambre, Ortigueira Rock, Sereas e Piratas de Carballo, Brincadeira de Ordes, etc, etc, etc. Sería unha forma de dar a coñecer grupos do concello que intentan buscar un oco no panorama musical actual. ¿Acaso en Culleredo merecemos menos? Unha festa non é tan só poñer bombillas - que por certo, son incandescentes e non de baixo consumo - por todo o Burgo, queimar foguetes a esgalla, traer catro orquestiñas do montón e aguantar atraccións a cada cal máis escandalosa; tamén non estaría demais algunha actividade cultural e por suposto un certame de bon Rock. Así que esperemos que para o ano que ven algo se lles ocurra ós do concello ó respecto.
Votar favorito (48) | Visto: 2069
Powered by AkoComment Tweaked Special Edition v.1.4.6 |